Nieves Feros, avoa, nai... cociñeira de profesión até a súa recente xubilación, deleitou coa súa sabedoría e bo facer na cociña á clientela do Restaurante La Bombilla, divulgadora dos seus coñecementos con dous libros anteriores a este -esgotados- e nos cursos organizados pola asociacion estradense de Amas de Casa, onde demostrou que para facer bos pratos so -e non e pouco- se necesita moito cariño e bos produtos naturais, dos que felizmente o noso pais e potencia mundial. Coas suas mais de 300 receitas, na que destacamos, pola sua importancia na Estrada, as realizadas con base no salmon, presentado por ela como o autentico "rei da comarca", Nieves proponnos, cunha linguaxe proxima e accesible mesmo para as persoas que non estean moi habituados a ler en galego, perder o medo aos fogons e practicar no dia ao dia o exercicio, sempre gratificante, de elaborar os nosos propios pratos.Cociña caseira galega e, sen dubida e ante todo, un antidoto a cociña rapida, a globalizacion gastronomica, a vez que unha homenaxe sincera a todas as mulleres que deron de comer a galegas e galegos de todas as epocas.