Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable por calquera persoa que sinta interese ou curiosidade.O viaxeiro ou o estudioso poderan gozar da informacion de mais de trinta xacementos que se describen nas suas paxinas e que abarcan desde o neolitico ata os ultimos momentos da epoca romana, e desde os petroglifos os campamentos militares. Os xacementos de cada epoca estan precedidos por unha breve explicacion xeral que realizaron os autores, os arqueologos Pilar Barciela e Eusebio Rey.O enfoque e a presentacion de Xacementos arqueoloxicos de Galicia achegan os restos historicos a curiosidade do visitante, xa que os contidos estan expostos de xeito divulgativo, sempre a partir dos traballos cientificos e das memorias das escavacions.O caracter practico da guia facilita a localizacion dos xacementos, ofrecendolle o visitante un plano cunha proposta de percorrido, informacion sobre os traballos realizados e un tema relacionado co xacemento.
O achado casual dunha necrópole tardorromana e, posteriormente, dun castro na Illa de Toralla (Vigo) difúndense na prensa traspasando as fronteiras locais; a arqueoloxía de Vigo chega ao gran público. A autora propon, a traves da analise da prensa, un recorrido cronoloxico e tematico do acontecido dende o descubrimento e estudo da necropole ata o abandono da illa; os ritos da morte, o contexto politico, a creacion dos museos, a represion desencadeada polo golpe de estado de 1936, a urbanizacion que destruiu os xacementos e os estudos arqueoloxicos posteriores... Un percorrido atravesado por importantes transformacions en Galicia, no xornalismo, na disciplina arqueoloxica e na lexislacion. A investigacion inclue o estudo dos obxectos que foron atopados nas tumbas, ata agora ineditos.