Ramón Mariño Paz (Balbargos-Noia, 1962) é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e codirector da revista «Verba (Anuario Galego de Filoloxía)». Os seus primeiros pasos no mundo da investigación deunos no campo da lexicografía, mais desde os tempos da elaboración da súa tese de doutoramento as súas pescudas orientáronse principalmente cara á historia social da lingua galega, a historia do galego escrito, a recuperación de textos dos Séculos Escuros e de principios do XIX e a fonética, a fonoloxía e a morfoloxía históricas da lingua galega. Os resultados deste traballo presentounos en distintas revistas científicas, en volumes colectivos, en congresos nacionais e internacionais e en libros como «Historia da lingua galega» (1998), «Eladio Rodríguez e a cultura galega» (2001), «A lingua galega no limiar da súa renacenza» (2003), «Historia de la lengua gallega» (2008) ou «Papés demprenta condenada. A escrita galega entre 1797 e 1846» (2008).
Recibe novedades de RAMON MARIÑO PAZ directamente en tu email
O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas varied
Unha obra fundamental, de referencia para calquera biblioteca. Trátase da primeira historia da nosa lingua elaborada tendo en conta os criterios científicos da filoloxía moderna e que ademais, partindo dos estudios linguisticos existentes, recolle todo o publicado ata o de agora sobre o tema, abranguendo unha bibliografia extensa e completa. Velaqui, en consecuencia, unha obra fundamental para a cultura galega. Como obra de referencia e de consulta inexcusable para calquera cuestion relacionada co idioma, tratase daquela dunha obra magna, froito dun traballo de investigacion realizado durante varios anos e cunha capacidade de sintese e exposicion excepcional. Esta obra resume non so a historia da nosa lingua, senon a historia da formacion e consolidacion dunha cultura e dunha comunidade diferenciada: Galicia.
Em 1626 Gregório de Lobariñas Feijó obteve licença do Consejo Real para proceder à publicação de uma Historia de Galicia em & x0201C;lengua propia y natural gallega& x0201D;, obra perdida e n