As fervenzas, polo seu indubidable impacto estético, tratan de ser un reclamo para enxalzar o noso espazo natural, porque sen dúbida elas son un aliciente singular da engaiolante paisaxe fluvial que reverdece a nosa terra. Posiblemente as fervenzas sexan un dos fenómenos máis fermosos que provocou o desmembramento de Pangea. Ao dividirse a Terra en continentes e orixinarse unha nova xeografía, producíronse gretas e fortes desniveis nas canles fluviais que xunto coa erosión foron cicelando as paredes graníticas polas que se precipitaban as augas, que embeleceron os ríos e lle deron ao seu contorno un particular atractivo. O feitizo das fervenzas acadou tamén a imaxinación popular, que as subsumiu no seu universo mítico-máxico e deron orixe a toda unha serie de lendas relacionadas con curacións milagreiras, elucubracións fantásticas, crenzas sobrenaturais, misterios agochados baixo as súas pozas, que significaron un importante enriquecemento da tradición oral e do folclore.
Este libro de Ramón Muñiz lonxe de ser un canto retórico a unha pretendida idade dourada, dános unha visión poliédrica da vellez, coa esperanza de que o maior nivel cultural das novas xeracións do século XXI, que algun dia chegaran a vellas, faga que os nosos maiores sexan mais conscientes dos seus dereitos e, polo tanto, en palabras de Saramago,mais livres e mais radicais
Primer acercamiento a esta espectacular manifestación de la naturaleza de nuestro país. Ofrece información para acercarnos a cada cascada de la manera más fácil. La guía se completa con fotografías a todo color, croquis de situación e información complementaria de los puntos de interés turístico de los alrededores.
Primeira achega a esta espectacular manifestación da natureza do noso país. Fornécese información para achegármonos a cada abanqueiro do xeito máis doado. A guía complétase con fotografías a toda cor, croquis de situación e información complementaria dos puntos de interese turístico da contorna.