Sabela Fernández Trelles é mestra especializada en Audición e Linguaxe e licenciada en Psicopedagoxía. É autora de diversos artigos e materiais de ámbito pedagóxico, como o proxecto de estimulación da linguaxe oral «O Dragón Pepón» (2010). Como autora de literatura infantil publicou «As aventuras de Mariña e Lucas» (2012), así como os álbums ilustrados «Augusta e os seus medos» (Xerais, 2015) e «O ladrón de soños» (Xerais, 2018), ambos ilustrados por Alicia Suárez, e «Que queres ser de maior, pequena?» (Xerais, 2021), ilustrado por María Brenn. En 2024 publica na colección Merlín o libro «A miña avoa, a miña heroína» (Xerais, 2024).
Recibe novedades de Sabela Fernández Trelles directamente en tu email
Todas as noites, na cidade de Soñovai, Uxío o Mago encárgase de que os nenos e nenas teñan soños marabillosos. O que non sabe aínda é que preto de alí vive o ladrón de soños, que desexa levar canda el todas esas fantasias. Cal pode ser o motivo de que queira roubar as ilusions?
Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son máis os días grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos mal que conta coa complicidade da avoa Carmela, con quen vai realizar unha viaxe ao pasado para entender por que se sente asi e decatarse de que pertence a unha saga de mulleres loitadoras.Un emotivo relato sobre a ansiedade na infancia e a fortaleza de sentirnos acompañados polos nosos seres queridos.
Que che gustaría ser de maior? A Antía moito a amola que os adultos lle fagan decote esa pregunta e, aínda máis, que sempre a respondan eles mesmos sen contar coa súa opinión: «Serás unha gran doutor
Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse asi, pidelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, tera que pasar diferentes probas para decatarse de que a unica forma de superar os medos e enfrontandose a eles.Augusta é unha nena que está chea de soños, pero é tan medrosa que non consegue que ningún se lle cumpra. Ten medo a voar, medo a que se rían dela, medo a probar cousas novas...Un día, cansa de sentirse asi, pidelles axuda aos seus pais. A partir dese momento, tera que pasar diferentes probas para decatarse de que a unica forma de superar os medos e enfrontandose a eles.