Valentín Lamas Carvajal (Ourense 1849-1906) foi un dos primeiros promotores da prensa en galego. Cursou o bacharelato na súa cidae natal, tendo como profesor o destacado gramático Saco Arce, e con posterioridade trasladouse a estudiar Medicina en Compostela. Porén, non conseguiu acabar a carreira por causa dunha doenza visual que o deixaría cego, condición que lle valeu anos máis tarde o alcume de " O Homero Galego " . De regreso ao seu lugar de orixe, entregouse á escrita xornalística e literaria. Dirixiu a revista compostelá La Aurora de Galicia e fundou a revista El Heraldo Gallego (1874-1880), de carácter bilingüe, e o semanario O Tío Marcos da Portela (1876-1890). Comezou a colaborar asiduamente no xornal El Eco de Orense, fundado en 1880, que funcionaría baixo a súa dirección ata o seu falecemento. Os medios de comunicación serían un instrumento fundamental na difusión da súa literatura e das famosísimas polémicas políticas e literarias en que participou ao longo da súa vida. A aparición de O Tío Marcos da Portela converteuse nun dos feitos de maior relevancia na historia das letras galegas, xa que se trata da primeira publicación publicada en Galicia integramente no noso idioma. Lamas Carvajal iniciou a súa andaina literaria con composicións líricas. Así, déronse a coñecer en 1874 o primeiro dos " ramiños " de Espiñas, follas e frores. Este poemario, onde se funden elementos cultos e folclóricos, completouse no ano seguinte cun segundo " ramiño " . En 1875 publicáronse as Cartas ós gallegos . Tras cinco anos de silencio saíu do prelo Saudades gallegas, que supuxo a consagración de Lamas como escritor, e en 1890 o seu último libro de poesía, A musa das aldeas. Como prosista publicou en 1887 un libro titulado Gallegada e, dous anos máis tarde, o ben coñecido O catecismo do labrego, a obra máis popular da nosa literatura durante longos anos.

Recibe novedades de Valentín Lamas Carvajal directamente en tu email

Del 1 al 6 de 6
-valentin lamas carvajal-9788482883595
Tapa blanda
CATECISMO DO LABREGO

Valentín Lamas Carvajal

-valentin lamas carvajal-9788475074429
Tapa blanda
O CATECISMO DO LABREGO E OUTRAS PROSAS

Valentín Lamas Carvajal

-valentin lamas carvajal-maria pilar garcia negro-9788474928693
Tapa blanda
POESIA GALEGA

Valentín Lamas Carvajal y María Pilar García Negro

-valentin lamas carvajal-xavier castro rodriguez-9788486614539
Otros
POESIA E PROSA

Valentín Lamas Carvajal y CASTRO RODRIGUEZ, XAVIER

-valentin lamas carvajal-xavier castro rodriguez-9788486614430
Tapa dura
OBRAS SELECTAS: POESIA E PROSA (GRANDES AUTORES GALEGOS)

Valentín Lamas Carvajal y CASTRO RODRIGUEZ, XAVIER

-valentin lamas carvajal-9788416643417
Tapa dura
El Cancionero del Miño

Valentín Lamas Carvajal

Del 1 al 6 de 6