A falta dunha estratexia unificada por parte do galeguismo no seu enfrontamento á ditadura franquista afondou máis a fenda aberta entre dúas concepcións en plena loita contra Franco. Co tempo, as distancias entre o galeguismo de preguerra e os autonomeados "mozos intransixentes do 36", os desacordos entre o interior (Galicia) e o exilio e a ruptura entre Castelao e Piñeiro, farianse insalvabeis. Toda unha batalla aberta entre aqueles que quixeran dar por finiquitado o compromiso etico e politico de Castelao como Presidente do Consello de Galiza e os que insistian no seu liderado. Planos distintos e estratexias diferentes para unha mesma forza politica que, desde tal momento historico, abriria, xa definitivamente, proxectos politicos distanciados.