Nacido en Marín en 1936, aos sete anos trasládase a Vigo. Estuda Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 convértese en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, hoxe Caixanova. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo. Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da Guerra Civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo. Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia, etc. Publicou tamén contos. É tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés, e latín. Actualmente traballa na súa Tese de Doutoramento sobre A Fachada Atlántica europea na Antigüidade a través da 'Ora Maritima' de Rufo Festo Avieno. Dende o 22 de febreiro do ano 2003 é Académico Correspondente da Real Academia Galega. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, obtendo a cualificación de sobresaínte, polo que dende esa data é doutor en Xeografía, Arte e Historia pola Universidade de Vigo. Obras Principais: Narrativa Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña, 1976. ¡Ouveade, naves de Tarsish, 1983. Homo sapiens, 1984. Vento do norte, Vento do sul, 1985. No ano do cometa, 1987. ¡Xerusalén, Xerusalén!, 1992. Big-Bang, 1996. A saga da illa sen noite, 2001. Ensaio Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno, 1990. Xeografía do mito de Tristán e Iseu, 2000. Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV, 2001. A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto, 2001. A etapa portuguesa de Co...