A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelan- publicado por un autor da xeracion dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. Jose y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitue o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programatica deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extension desigual, a parte principal da obra esta constituida polo dialogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castela, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste dialogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descricion fiable da situacion economica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolinguistico do idioma, a caron dun conxunto de exhortacions dirixidas a propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro e a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicacion e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das suas xentes e, por suposto, da sua lingua. A critica aos comportamentos que provocan o estancamento do pais, a presentacion de alternativas viables para mellorar a situacion ou a simple presentacion de argumentos para apoiar esas reprensions publicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecucion da sua finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos tematicos: a descricion e enxalzamento da lingua galega; a analise da situacion economica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrofica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos organos da Administracion, exemplificado fundamentalmente na administracion da xustiza.A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelan- publicado por un autor da xeracion dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. Jose y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitue o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programatica deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extension desigual, a parte principal da obra esta constituida polo dialogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castela, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste dialogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descricion fiable da situacion economica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolinguistico do idioma, a caron dun conxunto de exhortacions dirixidas a propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro e a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicacion e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das suas xentes e, por suposto, da sua lingua. A critica aos comportamentos que provocan o estancamento do pais, a presentacion de alternativas viables para mellorar a situacion ou a simple presentacion de argumentos para apoiar esas reprensions publicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecucion da sua finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos tematicos: a descricion e enxalzamento da lingua galega; a analise da situacion economica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrofica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos organos da Administracion, exemplificado fundamentalmente na administracion da xustiza.
Ver más