O feito insólito da desaparición do personaxe principal do cadro"A Fragua de Vulcano"de Velázquez é o punto de partida. En efecto, durante unha exposición itinerante do devandito pintor sevillano que ten como primeiro destino a cidade de Faro (na Coruña), no mesmo intre da inauguracion, descobrese que falta o deus Apolo. Que puido suceder? Onde se meteu o atractivo deus? O detective Sito Pescudo ponse en marcha! O divino habitante do Olimpo aproveitara a ocasion para acudir aos diversos lugares e centros de lecer preferidos polos humanos. Para iso e un Deus!Historia policial e de humor que prende o interese do lector desde a primeira paxina.
Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradicion e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira paxina, o lector fica enganchado a unha historia que engaiola non so pola trama argumental, narrada con habelencia e engado, senon tamen pola riqueza lexica, moi salientable neste autor, e tamen pola fantasia por veces desbordante. En fin, estamos perante un libro que, de seguro, nos permitira vivir moitos momentos entretidos.
O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar paises exoticos. Nun deles coñece un indixena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun elixir da sua invencion. O señor Dos Santos, engaiolado pola idea de recuperar a mocidade, dalle instruccions para que lle faga chegar a casa a apocema milagreira. Logo dun tempo recibe o elixir e, sen perder un minuto, bebe a dose necesaria para perder uns cantos anos. Pero o resultado non e o esperado e o señor Dos Santos en lugar de ver reflectido no espello o corpo dun rapaz, atopase coa imaxe dun can. Malia o seu desconcerto e desesperacion, le con atencion a etiqueta do envase e nela descobre o porque do novo estado: mesturara a apocema con alcohol.Asustado, sae a rua na procura de axuda e o unico que recibe son traizons reaccions oportunistas e incredulidade.Para recuperar a sua aparencia hai un unico camiño posible: cambiar a sua actitude ante a vida.