A ritmo de pareado e cunha atractiva proposta artística, o bucaneiro desta historia percorre o mundo en busca de pelexa, sen máis contrincante que unha pobre pantasma que non está polo labor de combater.Chegan novas de que O pirata pata de lata deixa o seu retiro e volve a carga con enerxias renovadas, tratando de incordiar a cantos atope ao seu paso, sexan de carne e oso, ou simples espiritos. Porque o ancho mar xa non e o que era e a este bucaneiro revoltoso resultalle cada vez mais complicado dar cun contrincante a altura das boas pelexas de antano, sable en ristre. Os soños resultan ser o mellor refuxio onde dar renda solta as suas ansias belicosas: durmir a pata de lata solta proporcionalle momentos de gloria, imaxinando multiples batallas nas que, curiosamente, el sempre resulta vencedor. Un relato para primeiros lectores, divertido e inxenioso. Os seus versos evocan un mundo mitico e transportan o lector aos escenarios onde transcorren as rimas de Espronceda ou as aventuras de A illa do tesouro de Stevenson. As ilustracions, que mesturan a tecnica do collage con materiais como tinta e acuarela, contribuen a crear esa atmosfera intrepida e exotica.
Conto popular. "Once damas atrevidas camiñaron ata Fez; unha perdeuse nos contos, non quedaron máis que dez...", pero aínda hai moita viaxe por diante.