Xosé Miguel Andrade Cernadas (A Coruña, 1963) é Catedrático de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Traballou, entre outros temas, sobre o mundo monástico da Galicia medieval, sobre as peregrinacións a Compostela ou sobre a historia do Reino de Galicia. Neste último campo é autor, canda Anselmo López Carreira, do libro «O reino medieval de Galicia: crónica dunha desmemoria» (Xerais, 2020), que foi galardoado co Premio Losada Diéguez no ano 2021 na categoría de Ensaio. «As peregrinacións a Compostela. Mito, historia e falsidades» (Xerais, 2024) é o seu último libro.
Recibe novedades de Xosé Miguel Andrade Cernadas directamente en tu email
Presentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o seculo V e os comezos do seculo XIII. Chegou a estenderse dende o Atlantico ate as terras da actual Cantabria e dende o Cantabrico ate as beiras do rio Douro. Asi o recoñecen boa parte das fontes historicas europeas e musulmas. Pola contra, nas hispanas ''asturianas, leonesas e castelas'' a sua existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido mais tarde pola maioria dos historiadores dos seculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristias para dar vida a un relato historico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporaneo. Nese relato, o Reino medieval de Galicia quer non existia, quer se supeditaba, como unha mera anecdota, a pretendida historia de España. Do porque dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libroPresentado como preocupación dalgúns historiadores galegos, ou como cuestion escura e marxinal propia de especialistas, o certo é que o vello Reino medieval de Galicia tivo unha entidade histórica real entre o seculo V e os comezos do seculo XIII. Chegou a estenderse dende o Atlantico ate as terras da actual Cantabria e dende o Cantabrico ate as beiras do rio Douro. Asi o recoñecen boa parte das fontes historicas europeas e musulmas. Pola contra, nas hispanas ''asturianas, leonesas e castelas'' a sua existencia foi deturpada e agochada. Un agocho asumido mais tarde pola maioria dos historiadores dos seculos XIX e XX, que empregaron esas fontes cristias para dar vida a un relato historico de corte esencialista que xustificase e lexitimase o nacemento e desenvolvemento do Estado español contemporaneo. Nese relato, o Reino medieval de Galicia quer non existia, quer se supeditaba, como unha mera anecdota, a pretendida historia de España. Do porque dese agocho e desa desmemoria dan conta os autores deste libro