Yago Rodríguez Yáñez (Lugo, 1980) é Licenciado con Grao en Filoloxía Hispánica e Doutor en Filoloxía inglesa pola USC. Na actualidade é profesor no IES Gregorio Fernández de Sarria. Autor de numerosos traballos de Literatura e Lingüística, estuda figuras como as de Darío Xohán Cabana, John Keats ou Rosalía de Castro. Como poeta recibiu o premio do Certame Lucus Augusti (2007).
Recibe novedades de YAGO RODRIGUEZ YAÑEZ directamente en tu email
Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodriguez Yañez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romean cunha das figuras da literatura galega contemporanea que posuindo multiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clasicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesia", "Narrativa" e "Traducion" son alguns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaido retrato humano, literario e politico deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxia" e "Bibliografia", ademais dun apartado "Fotobiografico" completan un volume que constitue unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos mais recentes membros da Academia Galega.Pertence Darío Xohán Cabana á "Grande Xeración" de Manuel María e Méndez Ferrín, mais tamén a aquela estirpe clásica de escritores como Dante, Petrarca ou Boccaccio que reviviron os ideais grecolatinos. Neste libro, J.Luis Calvo e Yago Rodriguez Yañez recollen longas horas de conversas que mantiveron en Romean cunha das figuras da literatura galega contemporanea que posuindo multiples vertentes acrisola cunha solidez e experiencia dificilmente igualables os achados clasicos coas novas tendencias. "Vida e Literatura", "Poesia", "Narrativa" e "Traducion" son alguns dos temas centrais abordados nunha obra que ofrece un acaido retrato humano, literario e politico deste escritor de elegante apostura e de compromiso a ultranza coa lingua e cultura galegas e coa loita contra as desigualdes sociais. Unha "Cronoloxia" e "Bibliografia", ademais dun apartado "Fotobiografico" completan un volume que constitue unha formidable achega para un mellor coñecemento dun dos mais recentes membros da Academia Galega.
Este libro pretende ofrecer, a través da unidade que conforman as visións fotográfica, pictórica e escrita, unha breve achega a algunhas das circunstancias biográficas e literarias que agroman na lírica da sinceridade que sen dúbida practicou Fiz Vergara Vilariño. De exquisita delicadeza, debeu loitar coa enfermidade e coa incomunicación dende a súa Lóuzara Xabreira, polo que so-licitaba decontino as visitas e as epístolas dos seus camaradas.Ó xeito dun trobador namorado, agardará por sempre, na compaña da soidade e da bremanza, a chegada da súa dama, "xunto ó vello muíño" e á Fonte da Cova, marco onde concorren os devanceiros e o retorno á infancia.Fiz arelaba, unha vez desaparecese da vida, liberarse das ataduras físicas e que o seu corpo, alleo ó sufrimento, fose convertido "nun ramallo de panqueixos e caraveis".