No caso da lingua galega, á hora de concibir unha obra lexicográfica, ademais de ter en conta as necesidades do usuario, cómpre, malfadadamente, tomar en consideración as necesidades e a propia situacion da lingua, tanto na actualidade coma no pasado. Por causa dunha determinada conxuntura politica, o galego leva convivindo moito tempo con outra lingua, o castelan, que por razons sociais sempre posuiu un prestixio superior o da lingua orixinaria da Gallaecia. O longo de todo este tempo o galego estivo relegado o ambito familiar e poucas veces era empregado nos espacios publicos, nas disertacions cientificas ou nos niveis mais formais. Ademais, durante un dilatado periodo que, grosso modo, abrangue do seculo XV o XIX, foi agrafo e non dispuxo da elaboracion culta que supuña o seu emprego na lingua escrita. Durante seculos, o galego non contou cun modelo normativo nin estandar que mantivese a sua uniformidade, fomentase a identidade dos seus falantes e o preservase de influencias externas perniciosas. So en datas moi recentes, no ano 1982, o Instituto da Lingua Galega elaborou unha proposta normativa para o ambito ortografico e morfoloxico, que, posteriormente, foi asumida pola Real Academia Galega. Anos despois, no 1989, o mesmo Instituto da Lingua Galega, elaborou o Vocabulario Ortografico da Lingua Galega (VOLGa) que tamen seria asumido pola Real Academia Galega. Esta obra, polo poder que lle outorga a Lei de Normalizacion Linguistica a Academia, converteuse inmediatamente en oficial. Todos estes feitos repercutiron sen dubida na forma do idioma. No nivel oral hai que salientala deturpacion ou desgaste das palabras de uso comun, a substitucion de formas galegas por outras de orixe castela e a asuncion das solucions castelans para designalas novas realidades. No nivel escrito, ademais destas, tamen hai que mencionala busca da diferencialidade verbo da lingua estatal, que se manifestou no uso e abuso de formas hipergaleguizadas, na incorporacion de inventos, no recurso a solucions alleas o galego e no caos ortografico. A partir do 1982 e, nomeadamente despois do 1989, datas de publicacion das Normas e do VOLGa, produciuse un cambio considerable nos diccionarios publicados. Os diccionarios ou vocabularios realizados con anterioridade a estas datas pretendian pre
Ver más