Percorrer o mundo contando e cantando bossa nova cunha hipopótama presumida, e sirtaki cuns velliños que un día se queren moito e outro non paran de discutir. Mentres, ao son dun tango, bailan ben agarradiños un elefante gris con lunares morados e unha formiga negra con cintura de avespa. En total, unha restra de melodias para trece contos, escolmados entre os relatos publicados por OQO Editora e procedentes das mais diversas tradicions do planeta. Xa non hai escusa para non coñecermos algo mais de todas esas culturas, porque a voz doce e saltarina de Almudena Janeiro e a que nos guia. Este libro-CD-DVD e un dialogo a tres bandas entre a musica, a literatura e as artes plasticas. A partir dunha seleccion de contos de distintos lugares do mundo, tanto de autor, como tradicionais, e en combinacion con diferentes estilos musicais: bossa nova (O Brasil), sirtaki (Grecia), tango (A Arxentina), rock & roll, soul, gospel ou cantos africanos, crease por primeira vez un fondo musical galego. Con el pretendese achegar os mais pequenos, a outras culturas, a traves da nosa, e que aprendan a valorar e compartir este rico patrimonio musical, co que ademais se poden divertir. A parte de no CD, a musica, a literatura e as artes plasticas estan presentes no soporte libro, que conten as imaxes dos contos orixinais e as letras das cancions. Os 13 temas do CD abrennos por riba, un amplo abano de posibilidades para o traballo de aspectos linguisticos, musicais e emocionais, con nenos de infantil e primaria: karaoke, xogos, dramatizacions, danzas sinxelas As cancions estan interpretadas pola voz solista de Almudena Janeiro, acompañada por guitarras, frauta, tambores, congas e tamen por outros instrumentos mais accesibles para os nenos, como cascabeis, claves, pau de choiva, chocas nun intento por axustar o ritmo a procedencia das historias. Asi que, os cativos teran aqui unha boa ocasion para afinar o oido e probar a discriminar sons, melodias Seguro que non a desperdiciaran. Autora e interprete: Almudena Janeiro Ilustracions da portada de Maurizio A. C. Quarello
Ver más