Este é o cuarto caderno dos seis que forman a colección"Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matematico.Comeza este caderno coa presentacion do numero 6 para, deste xeito, continuar co traballo da serie numerica.Seguimos a propoñer actividades para avanzar na adquisicion da nocion de"cantidade"(relacion cantidade-grafo, representacion grafica da cantidade...). Ademais, iniciamos o estudo dos ordinais, amosandolle ao alumnado outro aspecto do numero que lle permite ordenar os obxectos dunha serie tendo en conta a posicion.Asi mesmo, para lle seguir axudando ao neno no proceso de adquisicion da nocion de cantidade, seguiran a traballarse os cuantificadores (mais que/ca, menos que/ca, igual), que permiten a construccion de igualdades numericas entre o numero de elementos de dous conxuntos.Introducimos tamen a suma a partir da representacion grafica do proceso secuencial, que supon unha modificacion da cantidade inicial mediante a accion de"engadir". Este proceso consta de tres pasos: estado inicial, a accion ou a transformacion, e o estado final ou resultado.Incorporamos novos atributos relativos a cor (morada, gris), ao tamaño (grande, mediano, pequeno) e a medida (ancho-estreito; alto-baixo), mantendo as clasificacions e as seriacions, a partir de dous atributos, nas actividades de Loxica.Presentase e traballase outra forma plana: o rectangulo, co fin de descubrir as propiedades desta figura xeometrica, que permitan a sua identificacion en distintos contextos, asi como a sua representacion grafica.Para seguir ampliando o coñecemento do neno verbo do espazo e mais dos obxectos que o rodean, engadimos neste caderno conceptos espaciais novos (aberto-pechado; xunto-separado; arredor). En canto a medida do tempo, continuamos a traballar a partir de situacions do ritmo da vida cotia.Para rematar, presentamos un xogo para repasar, de xeito ludico, os principais contidos matematicos desenvolvidos ao longo deste caderno.
Ver más