DE LA PEÑA, ANGEL, MARIÑAS DE VALLE, JENARO y Xohana Torres
Editorial Galaxia, S.A. 9788411764841
Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovacion do mundo cultural galego e, por extension, tamen da sua sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos. O novo volume desta coleccion conmemorativa e Dar voz ao teatro galego o premio castelao de teatro 1964-1967, cunha introducion Cristina Dominguez Dapena. A Agrupacion Cultural O Galo, a primeira asociacion cultural da epoca legalmente constituida, impulsou en 1964 unha importante iniciativa: a convocatoria do primeiro Premio Castelao de Teatro Galego. Na sua primeira convocatoria o premio recaeu na peza Cando morren os farois, de Angel de la Peña, un coñecido locutor da compostela Radio Galicia, obra inedita ata a actualidade. Na sua segunda edicion o premio foi concedido a Jenaro Mariñas del pola peza A revolta, e na seguinte, a do ano 1966, o premio foi declarado deserto. Na derradeira edicion, a de 1967, a obra gañadora foi a peza de Xohana Torres, Un hotel de primeira sobre o rio. Estas duas obras foron publicadas no seu intre pola editorial Galaxia. O que van ler neste volume son, polo tanto, tres pezas de teatro creadas cunha clara vontade de contribuir a lingua e a cultura galegas, escritas con traballo, ilusion, compromiso e respecto. As tres persoas autoras compartian un fondo compromiso co teatro, ainda que cada unha o abordase desde unha perspectiva diferente.