A GALICIA IRREDENTA

XERAIS - 9788483022047

Historia local de España Galicia

Sinopsis de A GALICIA IRREDENTA

Fan falta traballos como o de Álvaro Xosé López Mira para non dar repouso á preguizosa memoria de "nós os galegos", e poder afondar na conciencia da orfandade deses anacos de Galicia que non medraron dentro das nosas fronteiras político-administrativas actuais. Esa Galicia irredenta da que trata de xeito pluridisciplinar o autor desta obra, é unha realidade supervivinte da antiga Gallaecia que ven sofrindo continuas mordedelas dende hai máis de mil anos. Paréceme que ven moi a conto a publicación deste libro, nun momento clave no intento da reconstrucción de Galicia. A caída das fronteiras internas de boa parte da vella Europa e a construcción da U.E. poden valer de exemplo. Antes ou despois a realidade provincial que naceu con Javier de Burgos vai esnaquizarse. A comarca ou a bisbarra, o concello e a parroquia, botarán abaixo os atrancos decimonónicos que subsisten. Para entón convén ter moi en conta á "Galicia irredenta" que nos amosa no seu documentado traballo López Mira. Hai que coñece-la evolución e realidade destes membros afastados do corpo da nai galega, que polo miúdo son estudiados neste libro. Os galegos das terras dos Oscos, Castropol e Taramundi, que cando van a Vegadeo din que van á "Veiga" usando o topónimo na nosa lingua, teñen o seu tronco común na mesma árbore que moitos outros galegos lindeiros, das bisbarras de León, Zamora ou das terras de Tras-os-Montes e de Minho; esa árbore é o antigo Reino de Galicia. O traballo de López Mira aporta gran cantidade de información e bo tratamento das fontes que emprega. Considero que xa é un libro importante para a conciencia galega, que pode axudar a que non ocorra con eses anacos da Terra o que Miguel Torga escribía en Coimbra en 1953.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483022047

Número de páginas: 223

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/05/2001

Año de edición: 1998

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Álvaro Xosé López Mira


Descubre más sobre Álvaro Xosé López Mira
Recibe novedades de Álvaro Xosé López Mira directamente en tu email

Opiniones sobre A GALICIA IRREDENTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana