A IDEA DA NACION

XERAIS - 9788483020654

Política Formas de organización política

Sinopsis de A IDEA DA NACION

A Idea de nación dá conta da pluralidade de interpretacións realizadas sobre a construcción nacional en moi variados contextos históricos: a Revolución francesa, cando analiza a conceptualización que da nación e a soberanía fixeron E. J. Sieyès e os teóricos xacobinos como M. Robespierre; o protonacionalismo alemán, no que se repara a propósito da filosofía da historia e do estado de J. G. Fitche, ou nas variadas tradicións galeguistas que se expresaron desde mediados do século XIX. Un segundo nicho da reflexión da obra de R.Máiz é a elaboración dun modelo constructivista para a análise dos aspectos políticos e ideolóxicos da mobilización nacionalista. Este marco interpretativo concrétase no estudio de tres autores referenciais do nacionalismo galego: Aureliano Pereira e a súa síntese política do republicanismo federal e o rexionalismo; Manuel Murguía e a súa formulación protonacionalista de inspiración liberal; e Daniel Afonso Castelao, do que se fai unha aquelada interpretación do seu pensamento a través da lectura crítica de Sempre en Galicia, a súa obra fundamental. Autores que ben lle serven a R.Máiz para sinalar as continuidades, rupturas e variacións que se expresaron na construcción de Galicia como nación, desque se comezou a facer problema de si mesma no ensaio e na acción política.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483020654

Número de páginas: 339

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/05/2001

Año de edición: 1997

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Maíz


Ramón Maiz es catedrático de Ciencia Política y Sociología de la Universidad de Santiago de Compostela.
Descubre más sobre Ramón Maíz
Recibe novedades de Ramón Maíz directamente en tu email

Opiniones sobre A IDEA DA NACION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana