A IDENTIDADE FRONTE A REDE: O RETO MEDIATICO DE GALICIA NA SOCIED ADE DA INFORMACION

XERAIS- 9788483023822

Comunicación Ciencias de la información

Sinopsis de A IDENTIDADE FRONTE A REDE: O RETO MEDIATICO DE GALICIA NA SOCIED ADE DA INFORMACION

Luís Álvarez Pousa, profesor de Periodismo Especializado na Facultade de Ciencias da Información de Santiago, xornalista durante 23 anos en La Voz de Galicia e director da revista mensual Tempos Novos, constata en A identidade fronte á rede, o ensaio que Xerais publica na súa serie �Universitaria Comunicacion�, o potencial estratéxico dos medios de comunicación nesta fin de século, cando se experimentan transformacións derivadas da globalización e da emerxencia das identidades. Os medios contribúen de maneira decisiva, necesaria e imprescindible, á conversión das identidades colectivas étnicas en identidades colectivas nacionais. Velaí por qué a clásica definición socioespacial de identidade precisa complementarse cunha definición sociocomunicacional. Ás portas do terceiro milenio, a construcción da nación, da súa identidade, esixe un marco político específico, un territorio institucional que na sociedade contemporánea é sobre todo un espacio de comunicación. Galicia tamén pode ser un espacio de choque fronte ás estratexias de concentración nas que a sociedade da información descansa todo o seu poder homoxeneizador. Para Pousa tal vez sexa o momento de reformular posicións de partida, para definir o modelo de convivencia plurinacional, pluricultural e plurilingüístico que se empeza a demandar nos albores do ano 2.000. ¿Están os medios de comunicación galegos en disposición de aproveitar este potencial subversivo nesa dirección? A convivencia plurinacional esíxelles ós seus valedores asumir os riscos deste tempo de transicións e de cambios sen prexuízos. En calquera caso, terán que entender que o rescate económico e civil dunha nación debe nacer da súa propia cultura, das súas institucións, da súa política, do seu sistema de medios, do seu autogoberno. Non para ser excluíntes, senón para que o universal reforce a súa significación na pluralidade e na diversidade de culturas e identidades colectivas coas que facerlles fronte ós efectos da mundialización, que tende a uniformizalas. Esa capacidade existe, a da identidade fronte á rede. Escudriñar con perspectiva galega nese proceso é o que se fai nesta novidosa, documentada e arriscada reflexión.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483023822

Número de páginas: 197

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/05/2001

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por LUIS ALVAREZ POUSA


Descubre más sobre LUIS ALVAREZ POUSA
Recibe novedades de LUIS ALVAREZ POUSA directamente en tu email

Opiniones sobre A IDENTIDADE FRONTE A REDE: O RETO MEDIATICO DE GALICIA NA SOCIED ADE DA INFORMACION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana