📗 Libro en gallego A MORRIÑA DAS BALAS

XERAIS - 9788497825108

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de A MORRIÑA DAS BALAS

John Ribera, logo de atravesar o deserto fuxindo dunha gavela de ladróns comandada por Samuel Flanagan, chega de Ridgecrest moribundo e cunha bala chantada nas costelas. John, que formara parte desta banda de delincuentes, decidira delatalos para cobrar a recompensa que ofrecían pola captura. Pero Ridgecrest non é un lugar seguro para el: o shériff infórmao de que Flanagan o ten localizado, polo que lisca da vila na primeira dilixencia cara a San Diego. Durante esta viaxe coñece a Susan, a rapaza da cal se namora e con quen vai compartir moitas das aventuras ás que se terán que enfrontar: o ataque de Flanagan e os seus homes, a queima do Forte Lancaster por parte dos indios paiutes, un duelo a morte. A morriña das balas de Xosé Díaz é a primeira novela de vaqueiros que se publica na colección Fóra de Xogo. Escrita nunha prosa coidadísima e con grande alento de estilo, respecta as convencións deste xénero de literatura popular, descubríndonos a un narrador de indubidable talento.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497825108

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/11/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es

Colección:
Fora de Xogo

Peso: 122.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XOSE DIAZ DIAZ


Xosé Díaz Díaz (Lugo, 1980) é profesor de ensino secundario. Varios dos seus relatos foron recoñecidos en certames de narración breve como o Modesto R. Figueiredo (2001 e 2002), Ourense de Contos (2002) e Os Viadutos (2004). Publicou as novelas O dómine indómito (2004, premio Historias na universidade) e A morriña das balas (Xerais 2006, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil), e o libro de relatos Fraquezas (2011).
Descubre más sobre XOSE DIAZ DIAZ
Recibe novedades de XOSE DIAZ DIAZ directamente en tu email

Opiniones sobre A MORRIÑA DAS BALAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana