Sinopsis de A NOBREZA MEDIEVAL NA LIRICA GALEGO-PORTUGUESA
A lectura e a interpretación do pasado literario galego-portugués amosa dende perspectivas complementarias a apoloxía do réxime cristián-feudal tanto na súa vertente relixiosa como laica. Os elementos perturbadores da orde ideal da sociedade feudal peninsular e aqueles outros que rompían cos preceptos do Cristianismo van ser reconducidos sexa a través da sátira ou do exemplum (en función do xénero literario tratado) á norma que debía guiar a todo nobre que se prezase da súa condición social, a todo aquel que debía exhibir a súa honra nas diversas facetas da vida. Esta literatura é un eloxio, laico e relixioso, dos valores cristiáns e feudais da Idade Media. As cantigas reconducen os comportamentos que perturban a orde social, concretamente aquelas actuacións e situacións que rompen o ideario de excelencia social e moral que se lle supoñía á nobreza e aos cargos eclesiásticos.
Ficha técnica
Editorial: Toxosoutos
ISBN: 9788415400349
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 11/11/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: Noia
Especificaciones del producto
Opiniones sobre A NOBREZA MEDIEVAL NA LIRICA GALEGO-PORTUGUESA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!