Mariña e os seus amigos queren saber se é verdade que hai pantasmas no campanario da igrexa da súa vila, pero todos teñen moito medo e non se atreven a intentalo. Unha noite por fin, achéganse ata o lugar. E será a nena quen suba as escaleiras da torre, sen saber que no máis alto lle agarda unha sorpresa inesperada.A pantasma da torre é unha divertida novela de pandas, narrada cun enfoque onde se alteran o medo e o humor. Un canto á amizade, que nos lembra que a aventura tamén pode aparecer entre os feitos sinxelos da vida cotiá.A autora de A pantasma da torre, Lourdes Maceiras, médico de profesión, publicou, atao momento, tres libros para nenos e nenas: O torqués de ouro, Rabibranca e Nos xardíns. A pantasma da torre é o seu primeiro libro publicado dentro da colección Merlín.
Ficha técnica
Ilustrador: Manolo Uhía
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788483027837
Idioma: Gallego
Número de páginas: 40
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/04/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 7 anos en diante
Número: 118
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 88.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Uhía y Lourdes Maceiras
Lourdes Maceiras (Lourdes Maceiras García) (Barcelona, 1955) é médica e profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidade de Vigo. Ten publicadas as seguintes obras de literatura infantil: O torques de ouro (1989);Rabibranca (1991); Nos xardíns (1994); A pantasma da torre (Xerais 2002), ademais do relato "Foi nas vacacións", incluído no volume colectivo E dixo o corvo.