Sinopsis de ABAU 2018. LINGUA E LITERATURA. AVALIACIÓN DE BACHARELATO PARA O ACCESO Á UNIVERSIDADE
"Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2018" e unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2ú de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2018.Ofrecense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso.Ademais, aconsellase de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos (esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico) e nas ideas para o argumentario dos comentarios.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491213734
Idioma: Gallego
Número de páginas: 84
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/03/2018
Año de edición: 2018
Plaza de edición: Es
Colección:
Lingua e literatura Bacharelato
Lingua e literatura Bacharelato
Alto: 29.5 cm
Ancho: 21.0 cm
Grueso: 0.8 cm
Peso: 237.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Antón Mosteiro García
Manuel Antón Mosteiro García (Bueu 1970), licenciado en Filoloxía Hispánica na Sección Galego-Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela e na actualidade profesor de Lingua e Literatura Galega no Colexio Internacional Sek Atlántico. Membro do Xurado do I Premio de Poesía Johan Carballeira, Premio de Narrativa Blanco Amor e do Premio de Xornalismo Johan Carballeira. Autor do artigo publicado na Voz de Galicia "A derrota das utopías", co gallo da publicación da obra de Cid Cabido, Grupo Abeliano na Biblioteca 120 da Voz de Galicia. Colaborador en varios números do Suplemento do Morrazo d'O Diario de Pontevedra. Membro fundador da Asociación de Amigos de Johan Carballeira que na actualidade preside. Colaborador da EGU. Gañador do IX Certame de Poesía "Domingo Antonio de Andrade" convocado pola Asociación Cultural Domingo Antonio Andrade, de Cee (A Coruña). É dos autores da revista sobre a represión na vila de Bueu. Actualmente colabora co xornal dixital Praza pública baixo o pseudónimo 'O aletófilo do Morrazo'. É autor das obras : Traballando coa lingua; Traballando coa lingua. Solucionario; Traballando coa lingua. Primeiro Ciclo da ESO; Traballando coa lingua. Primeiro Ciclo da ESO. Solucionario; Probas corrixidas de Selectividade LOXSE; Probas corrixidas de Selectividade e os Proxectos Curriculares de 1º de Bacharelato e 1º de ESO de Lingua e Literatura Galega, todas elas publicadas co Edicións Xerais.