O galiñeiro do señor Benito anda alborotado: as galiñas están fartas de vivir explotadas para acabar servidas no prato dos seus donos. Como vinganza, deciden falar co resto dos animais da aldea e argallar un plan terrorífico que lle porá a carne de galiña á veciñanza de Froxán. Os adultos non atopan unha explicación lóxica aos estraños sucesos que comezan a padecer, pero Xanciño, Nela e Milucho, tres rapaces da aldea, sospeitan algo e deciden embarcarse na resolución do arrepiante misterio.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411103329
Idioma: Gallego
Número de páginas: 136
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/06/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Es
Colección:
Merlin
Merlin
Serie/Saga: MERLIN
Alto: 26.5 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 215.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Andrea García Martínez
Andrea García Martínez naceu no ano 2000 en Santiago de Compostela, aínda que vive desde nena en Sigüeiro (Oroso), onde pasaba o seu tempo imaxinando historias de aventuras e misterio, as cales compartía a través do debuxo e do teatro. No ano 2018 trasládase a Ourense para formarse como ilustradora na EASD Antonio Faílde, onde cursa tamén estudos superiores de Deseño de Interiores. «Animais fantástisco de aldea» (Xerais, 2023), con texto e ilustracións da autora, é a súa primeira obra publicada.