📗 Libro en gallego ARTISTAS GALEGOS ARQUITECTOS

Varios autores

NOVA GALICIA EDICIONS, S.L. - 9788487755958

Arquitectura Arquitectos españoles

Sinopsis de ARTISTAS GALEGOS ARQUITECTOS

Non é doado recoller nun mesmo estudio a variedade de respostas artísticas dadas polos homes que cruzaron a fronteira do século XIX ó XX. No caso dos arquitectos galegos, atopámonos cun grupo de profesionais formados nas escolas de arquitectura de Madrid e Barcelona, que deberon atravesa-la antesala da modernidade, sen poder, en moitos casos, acceder ás correntes máis vangardistas do momento. Trátase de arquitectos formados no Eclecticismo final do século XIX, que tiveron que desenvolve-lo seu labor profesional en Galicia, desconectados dos centros sobranceiros da producción arquitectónica. Arquitectos periféricos e en moitos casos illados, que souberon sen embargo coas súas viaxes, ou mediante as subscricións a revistas, estar o suficientemente informados e mesmo á altura de calquera destacado arquitecto europeo. Durante as catro primeiras décadas do século XX, que se estudian neste volume, estes mestres deberon elixir entre a maraña estilística da época, adoptando o Modernismo, o segundo Eclecticismo ou o Rexionalismo, segundo a súa propia intuición ou os mandatos da moda. Coincidiu ademais este período de puxanza constructiva nas cidades galegas cun auténtico deseño personalizado, no que cada casa ou cada edificio responde a unha idea propia e ofrece unha imaxe específica e diferente, lonxe da homoxeneidade dos estilos tradicionais ou da simplificación formal na que derivará a posterior arquitectura racionalista.

Ficha técnica


Editorial: Nova Galicia Edicions, S.L.

ISBN: 9788487755958

Idioma: Gallego

Número de páginas: 416

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 19/12/2007

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ARTISTAS GALEGOS ARQUITECTOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana