Para poder falar ben é preciso, en primeira instancia, poder falar, algo que as mulleres tiveron prohibido durante séculos, cando menos, desde que hai testemuños escritos. No decurso de As benfaladas reflexiónase sobre esta circunstancia e propóñense alternativas para acelerar o proceso de normalización equitativa e civilizador que supón respectar e propiciar o acceso da voz e do pensamento feminino á sociedade, entendido como necesidade perentoria para combater a violencia simbólica que padece.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411763561
Idioma: Gallego
Número de páginas: 288
Tiempo de lectura:
6h 50m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/11/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Feminismos
Feminismos
Número: 17
Alto: 21.1 cm
Ancho: 13.6 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 363.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por María Xosé Porteiro
María Xosé Porteiro (Madrid, 1952). Xornalista, escritora e feminista, traballou en El Pueblo Gallego, Radio Popular, Tiempo, El País, Tribuna Feminista e La Voz de Galicia. Foi xefa de Prensa e Relacións Públicas desde 1984, e concelleira e teniente de Alcalde entre 1987-1991 e 2003-2007 no Concello de Vigo, e Deputada no Parlamento galego (nas III e IV lexislaturas) e no español (VIII lexislatura). De 2007 a 2009 dirixiu as delegacións da Xunta de Galicia na Arxentina e O Uruguai e c reou, no Consello da Cultura Galega (2014-2022), o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). Adxunta á Valedora do Pobo (2019-2026), ten a Encomenda ao Mérito Civil e a Medalla do Parlamento de Galicia. Publicou ensaio, biografía e narrativa. Entre as súas obras destacan Quen é quen no primeiro Parlamento galego e Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas (1981 e 1982, en colaboración), Covardes (2001), Buscando a Clara (2019), Sándalo (Galaxia, 2019), Tabiba (2023) e As benfaladas (Galaxia, 2024).