Sinopsis de AS CC.OO.DE GALICIA: E A CONFLICTIVIDADE LABORAL DURANTE O FRANQU ISMO
José Gómez Alén, historiador e presidente da Fundación 10 de marzo, preparou esta nova entrega da colección Crónica, As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo, que constitúe a primeira historia sistemática sobre o sindicato de CC.OO. de Galicia durante a etapa franquista. Utilizando unha grande variedade de fontes documentais primarias: fundamentalmente actas de xurados de empresa; prensa, tanto legal como clandestina; expedientes de avogados laboralistas; documentación de empresas; e numerosas testemuñas orais a cargo dos protagonistas. O autor tenta recuperar así a memoria histórica daqueles homes e mulleres que aportaron o seu compromiso individual á construcción dun proxecto colectivo que servise como instrumento de loita socio-laboral para o conxunto dos traballadores. As CC.OO. de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo proporciona unha aproximación global ó estudio da conflictividade industrial e da oposición obreira ó franquismo, buscando, tanto a reconstrucción dese proceso histórico, como de senta-los alicerces para futuros estudios de carácter monográfico ou local sobre as condicións ás que estaban sometidos os traballadores industriais durante o período de estudio, que abrangue desde o remate da guerra civil atao ano 1978, cando serecoñeceu a liberdade sindical. O libro de Gómez Alén subliña que a reconstrucción do movemento obreiro galego e o rexurdimento da conflictividade laboral de carácter colectivo están vencellados á aparición e consolidación dunha nova forma de organización sindical que rompe coas tradicións: as Comisións Obreiras. Sinala, tamén o autor, a dureza das condicións de traballo nas factorías e a influencia que sobre elas exerceu a introducción de novas formas de organización do traballo, deténdose, especialmente, na reconstrucción dos fenómenos de maior conflictividade, como foron os acaecidos en Vigo e Ferrol durante o ano 1972. O volume complétase cun documentado índice onomástico, apéndices documentais e material gráfico de gra
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079516
Número de páginas: 356
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por JOSE GOMEZ ALEN
José Gómez Alén, catedrático de Historia de enseñanza media, ha orientados sus investigaciones en el campo de la historia social hacia el mundo del trabajo industrial, los conflictos sociales y las relaciones laborales durante el franquismo. Es autor de libros y numerosos trabajos en obras colectivas sobre esos temas, entre los que se encuentran As Comisións Obreiras de Galicia e a conflictividade laboral durante o franquismo (1995); Galicia 1962. El eco del silencio (2002); La Pirenaica: la subversión de las ondas (2002); Manuel Amor Deus. Unha biografía da resistencia obreira ao franquismo (2008); Conflicto obrero y protesta política en Galicia. Las ciudades de Vigo y Ferrol, 1960-1980, (2011). Es coautor de Materiales para el estudio de la abogacía antifranquista (2 vols. 2010-2012), Astilleros en el Arco Atlántico. Trabajo, historia y patrimonio (2013), Historia de CCOO nos seus documentos (1996) y O dez de marzo. Unha data na historia (1997). Ha participado como asesor histórico del film El lápiz del carpintero (2003); O 10 de Marzo (1997) y O sal da terra. Unha historia do sindicalismo galego (2000). Ha sido coordinador y comisario de exposiciones de historia, fotografía, pintura y escultura, dentro y fuera de España: La prensa clandestina durante el franquismo; España siglo XX. Escenas del trabajo; Quessada. Arte y compromiso; Arte y solidaridad los pintores españoles y el cartelismo sociopolítico; Quessada. Human rights. Testimonies. Es coordinador del libro Quessada. Arte y libertad, que obtuvo el Premio Nacional a la edición de libros de arte de 2005. Fue director del Archivo Histórico de CCOO de Galicia- Fundación 10 de Marzo (1991-2005) y de la revista de Historia y Ciencias Sociales, DEZ.EME. (2000-2006).