ATLAS BASICO DE VIGO E A SUA AREA

Varios autores

Edicións Xerais- 9788483023716

Geografía Atlas y cartografía

Sinopsis de ATLAS BASICO DE VIGO E A SUA AREA

Un dos elementos que mellor permiten identificar a unha persoa co seu pasado e co seu porvir é o espacio vivido. Este concepto significa algo máis que un territorio administrativo, pois representa as paisaxes mentais, as escenas de vida que pasan polo cerne das persoas. Son símbolos e prexuízos que condicionan, en gran medida, as súas relacións con outras persoas, cos seus sentimentos e comportamentos. Malia que algúns queiran obxectivizar estas crenzas nun ideal patriótico, único para tódolos que viven (ou nacen) nun mesmo territorio, nós entendemos que cada persoa pode interpretar individualmente o seu medio xeográfico, incluíndo os seus sentimentos, desbotando prexuízos e analizando os intereses económicos e sociais que mediatizan a súa percepción do espacio. Para poder interpretar, explicar e comprende-las paisaxes de cada un é necesario coñece-los datos fundamentais da xeografía compartida por diversas persoas nun mesmo territorio. E un dos xeitos máis precisos e sintéticos para descubrir un medio é a súa interpretación cartográfica. Un mapa non é a realidade social e territorial, sobre todo cando neste contexto aparecen sentimentos, actividades económicas, patrimonio cultural. Pero os mapas constitúen un dos mellores xeitos de representar unha realidade que se localiza e se espalla por todo un territorio. Un atlas é como sabemos un conxunto de mapas. Xeralmente representan fenómenos estatais e internacionais. O que agora presentamos é un conxunto de mapas de diferente escala de Vigo e a súa área de influencia. ¿Por que? En primeiro lugar porque Vigo, como outras cidades do Eixo Atlántico e de Europa occidental, ten unha gran importancia na organización dun territorio rexional no albor do terceiro milenio. Por iso interesa coñece-los recursos físicos e humanos, así como as relacións da cidade e a súa área de influencia con outras áreas. Dentro da área urbana de Vigo interesa analizar cómo se efectúa a dinámica demográfica, económica e os recursos ambientais e culturais, pois son os alicerces desta nova organización rexional. Ademais unha cidade establece contactos con outras cidades, por iso a análise das infraestructuras e medios de transporte deben servir para establece-las deficiencias e vantaxes da localización relativa de Vigo respecto doutras vilas

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483023716

Número de páginas: 64

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/08/1999

Año de edición: 1999

Plaza de edición: Es
Colección:
DIDÁCTICA E OUTROS MATERIAIS EDUCATIVOS - MATERIAIS PARA A AULA - Outros materiais
Alto: 29.7 cm
Ancho: 21.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 270.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ATLAS BASICO DE VIGO E A SUA AREA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana