Un libro de colorear para todos: para nenos, para maiores, para pontevedreses, para visitantes Unha preciosa maneira de descubrir ou redescubrir Pontevedra, á vez que damos renda solta á nosa creatividade. Un percorrido pola histórica cidade en 56 páxinas, con 40 preciosas ilustracións de Paula Mayor, e cun mapa e un índice explicativo que nos servirán para identificar mellor os recunchos e monumentos que recolle o libro: desde a histórica igrexa da Peregrina á ponte dos Tirantes, pasando polo famoso papagaio Ravachol ou a praza da Leña. Un bonito recordo para levar a casa despois dunha viaxe a Pontevedra e un precioso agasallo para todos os habitantes da cidade do Lérez.
Ficha técnica
Ilustrador: Paula Mayor Agrelo
Editorial: Hércules
ISBN: 9788412253795
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 15/11/2020
Año de edición: 2020
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Coloreando
Coloreando
Número: 4
Alto: 20.0 cm
Ancho: 20.0 cm
Grueso: 3.0 cm
Peso: 250.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Paula Mayor
Paula Mayor naceu na Coruña, terra tinguida de azul e verde, onde vive. Nas súas primeiras incursións no mundo da BD gaña varios certames de cómics nacionais. Máis tarde colabora como freelance ilustrando libros para diferentes editoriais, así como carteis e deseño gráfico para axencias de publicidade e organismos oficiais. Comeza a afondar na obra de Rosalía de Castro para tentar descubrir a muller real que hai detrás da imaxe que todos coñecemos e, tras de dous anos de documentación, decide presentarse ao Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Faino en 2023, gañándoo cunha historia onde nos mergulla na vida da autora a través das súas vivenzas e da súa obra.