Sinopsis de COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CON CORRECCION E FLUIDEZ
De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa cualidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala até estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499144474
Idioma: Gallego
Número de páginas: 240
Tiempo de lectura:
5h 40m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/10/2012
Año de edición: 2012
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Número: 2
Alto: 20.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 293.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Carlos Callón
Carlos Callón (Ribeira, 1978). Profesor no instituto San Clemente de Santiago de Compostela, doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués e presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística. Recibiu, entre outros, os premios Vicente Risco de Ensaio e o da Crítica de Investigación. No ámbito lingüístico destacan os seus títulos «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» (Xerais, 2012) e «O libro negro da lingua galega» (Xerais, 2022). O seu último poemario é «A abertura da boca» (2021). Na investigación LGBT, diplomouse cun traballo sobre o heterosexismo no campo literario (2003) e doutorouse cun estudo sobre as homosexualidades no trobadorismo (2017). Publicou a primeira antoloxía literaria LGBT galega, «Da sátira ao orgullo» (2003) e os ensaios «Amigos e sodomitas» (2012) e «Vidas e historias LGBT na Idade Media» (Xerais, 2025). Tamén en 2025 publicou «Maxicamente vella, eternamente nova. A literatura tradicional galega» (Xerais, 2025). Promoveu roteiros, cursos e o documentario «Maridos e sodomitas. Os casamentos de home no reino da Galiza medieval» (2024). É membro da Comisión sobre Identidades e Disidencias Sexuais do Consello da Cultura Galega.