📗 Libro en gallego CRISE E RADICALIZACION NEOLIBERAL

As alternativas silenciadas

LAIOVENTO - 9788484872153

Estudios y ensayos

Sinopsis de CRISE E RADICALIZACION NEOLIBERAL

Este libro recolle reflexións sobre a actual crise do capitalismo neoliberal desde as súas orixes até o momento actual, ás portas de 2012. Desde os diagnósticos iniciais até a valoración dos feitos máis importantes que foron acontecendo ao longo destes anos, así como as medidas de política económica que foron adoptando as autoridades económicas no G-20, FMI, bancos centrais, Unión Europea, Goberno Central e Xunta de Galicia. Este percorrido mostra a consistencia do diagnóstico inicial e a interpretación dos sucesivos chanzos e os pasos dados polos gobernos, o que á súa vez axuda a entender con clareza a situación actual. Son fundamentalmente artigos de reflexión destinados á intervención no debate público, coa pretensión de colaborar a amolecer a criptonita neoliberal e a neocentralista, as dúas grandes ameazas da igualdade e da diversidade. De aí ese estilo directo, compacto e con linguaxe clara para o público non especialista, sen por iso perder rigor nos razoamentos económicos que están destrás dos argumentos expostos. Ao longo destas páxinas combínase o diagnóstico dos acontecementos e a crítica das medidas adoptadas polos diferentes niveis de goberno coa formulación de propostas alternativas. Porque o autor é dos que pensa que si hai alternativa e que máis cedo que tarde cumprirá abrirlle as portas. Guiado por un certo optimismo histórico considera que a sociedade non poderá aturar a destrución de todas as conquistas civilizadoras e a completa submisión da vida privada e pública á extrema volatilidade dos mercados e acabará sentando unhas novas bases para o progreso social e a preservación da diversidade.

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484872153

Idioma: Gallego

Número de páginas: 248

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/03/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 288
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 315.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XAVIER VENCE


Descubre más sobre XAVIER VENCE
Recibe novedades de XAVIER VENCE directamente en tu email

Opiniones sobre CRISE E RADICALIZACION NEOLIBERAL


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana