O paso dun mundo de sociedades descentralizadas a un mundo articulado en redes distribuídas favorece cada vez máis que as persoas se identifiquen en termos de grupo. O concepto de Estado xurdíu no século XVIII como unha resposta á realidade económica na que se expandiran os mercados, pero o mundo en rede actual pon en xaque o núcleo dese sistema e as identidades que naceron á súa sombra. Neste libro coral abórdase o concepto de nación e a crise que está a vivir no momento actual, no contorno dunha realidade en rede que xa modificou de xeito irremediable as nosas identidades colectivas e individuais. En Das nacións ás redes, os autores De Ugarte, Quintana, Gomez e Fuentes tratan estes e outros temas relacionados cunha rigorosidade e unha claridade que satisfarán, entreterán e informarán ao lector que busque novas interpretacións e olladas certeiras sobre a súa propia realidade.