leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego DENDE O CONFLITO

Edicións Xerais - 9788499147376

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DENDE O CONFLITO

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, "Dende o conflito" é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. "Dende o conflito" rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca.E é que "Dende o conflito" é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes. A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas. As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, "Dende o conflito" é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser. "Dende o conflito" rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca.E é que "Dende o conflito" é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788499147376

Idioma: Gallego

Número de páginas: 304
Tiempo de lectura:
7h 13m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 21/09/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 456.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por María Reimóndez


María Reimóndez

(Lugo, 1975) publicó su primera obra hace veinte años, el poemario Moda Galega (Positivas, 2002). A partir de entonces ha cultivado todos los géneros literarios, desde la narrativa adulta hasta la infantil y juvenil, pasando por el ensayo y el teatro.

Su obra parte de una inquieta visión feminista interesada por la construcción del poder y por la revolución de las formas narrativas que le ha granjeado algunos de los más importantes galardones literarios de Galicia, entre ellos el Premio Xerais de Novela en 2014 por Dende o conflito (Xerais, 2014) o el Premio Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil en dos ocasiones.

Reimóndez es doctora en Traducción e Interpretación especializada en enfoques feministas y decoloniales, hegemonía lingüística, ideología y poder.

Descubre más sobre María Reimóndez
Recibe novedades de María Reimóndez directamente en tu email

Opiniones sobre DENDE O CONFLITO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana