Sinopsis de DICCIONARIO XERAIS GALEGO-CASTELAN CASTELLANO-GALLEGO (ED. BILING ÜE)
Xerais presenta co inicio do curso 2001-02 a primeira entrega deste proxecto de diccionarios inversos, o Diccionario Xerais Galego ? Castelán / Castellano ? Gallego, preparado por Luís Castro Macía. Este é un diccionario inverso destinado a tódalas persoas interesadas en consultar de forma rápida, rigorosa e actualizada as correspondencias entre os termos normativos galegos e os casteláns. Un diccionario inverso que recolle 23.000 entradas de cada unha das linguas e máis de 60.000 mil acepcións de cada unha delas. Un diccionario que proporciona información sobre as diversas correspondencias e sinónimos de cada unha das entradas, os seus diferentes niveis de uso e, cando é preciso, a fraseoloxía propia de cada forma; así como a caracterización e subcategorización gramatical e o réxime dos verbos. O diccionario inclúe, ademais, un completo apéndice gramatical da lingua galega e os modelos de conxugación dos verbos casteláns.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788483026519
Idioma: Gallego
Número de páginas: 712
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/08/2001
Año de edición: 2001
Plaza de edición: Vigo
Alto: 22.0 cm
Ancho: 16.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Luís Castro Macía
Luís Castro Macía é profesor de lingua galega e lexicógrafo. É autor dos seguintes dicionarios publicados por Edicións Xerais de Galicia: Dicionario Xerais Galego-Castelán /Castellano- Gallego (2005), Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos (2006) e Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés (2009)