📗 Libro en gallego DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO/CASTELAN CASTELAN/GALEGO

CARMEN LOPEZ TABOADA y MARIA DO ROSARIO SOTO ARIAS

Edicións Xerais - 9788491217763

Gallego Diccionarios de gallego

Sinopsis de DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO/CASTELAN CASTELAN/GALEGO

Este Dicionario fraseolóxico bilingüe galego-castelán e castelán-galego, da autoría de Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle máis de vinte mil frases feitas, o que supón un dos maiores repertorios lexicográficos deste tipo publicado en lingua galega. A información proporcionada en cada entrada dividiuse en cinco campos: a clave, a frase, o texto, o significado e a(s) correspondencia(s) no outro idioma. No campo da clave identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase: o substantivo (con frecuencia, o primeiro en aparecer na orde de lectura), ou de non habelo, o verbo, o adxectivo e o adverbio. No campo da frase diferénciase frecuentemente entre núcleo e determinados elementos da contorna e proporciónase un certo número de variantes. No campo texto, facilítase un exemplo de uso documentado, extraído de diversos corpus lingüísticos e de font es literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. No campo do significado preséntase a definición da entrada, enriquecida por información pragmática, metalingüística. No campo das correspondencias achéganse unha ou varias frases que serven para verter ese valor fraseolóxico da entrada no outro idioma. No caso do castelán, dáse prioridade ao español peninsular e só excepcionalmente se enriquece ese campo co español de América. Este Dicionario fraseolóxico bilingüe está deseñado coma unha fonte de recursos e de coñecemento idiomático útil para os falantes e para os usuarios de diferentes ámbitos (académicos e profesionais) tanto galegos coma non galegos.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491217763

Idioma: Gallego

Número de páginas: 1216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 26/11/2020

Año de edición: 2020

Plaza de edición: Es

Colección:
DICIONARIOS - DICIONARIOS XERAIS

Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 6.0 cm
Peso: 1201.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre DICIONARIO DE FRASEOLOXÍA GALEGO/CASTELAN CASTELAN/GALEGO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana