Sinopsis de FOULAS E RONSEIS (RETRINCOS PARA UN TRATADO DO MAR DOS GALEGOS)
Foulas e ronseis é unha recompilación dunha chea de artigos e algúns ensaios de temática marítima, escritos entre 1992 e 2005 como resultado dos vencellos establecidos nese período de tempo con pescadores e outras xentes de mar. Son, pois, froito máis dunha paixón que da perspectiva académica, sen deixar de lado as arelas de veracidade e compromiso que de sempre procurei ter. Este totum revolutum ten unha certa orde interna, distribuída en tres grandes temáticas, a saber: a historia colectiva,"os traballos e os días"(alguén podería, quizais, falar de algo semellante á antropoloxía) e o patrimonio marítimo. (...)Deste xeito, e seguindo unha malla de fíos condutores que atesoura os seus encontros e desencontros, quen apeteza poderá navegar seguindo os pasos do poeta Manoel Antonio nos derradeiros veleiros de altura, coñecer as loitas societarias no mar, atender o devalar da carpintería de ribeira, axexar o complexo universo do reparto nas embarcacións pesqueiras, decatarse da dureza da condición mariñeira ou participar dos soños de quen hoxe procura divulgar e revitalizar a cultura marítima.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Positivas S.L.
ISBN: 9788487783852
Idioma: Gallego
Número de páginas: 352
Tiempo de lectura:
8h 23m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 12/07/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Especificaciones del producto
Escrito por Dionisio Pereira
Dionisio Pereira (A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea. Participa no Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia. Entre outros libros, publicou A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio Marítimo de Galicia (2000), Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos) (2005) e Loita de clases e represión franquista no mar (Xerais, 2010). Ademais, en coautoría con Eliseo Fernández, publicou O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970) (2004), O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976) (2006) e José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela (2012).