leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego GALICIA (ED. GALLEGO)

Edicións Xerais - 9788411102940

Narrativa de viajes

Sinopsis de GALICIA (ED. GALLEGO)

LETRAS GALEGAS 2023

Francisco Fernández del Riego propón nesta obra unha ampla e vizosa viaxe organizada en doce itinerarios ou peregrinacións co fío argumental que lle brindan uns amigos bretóns que veñen visitar o noso país e reciben a hospitalidade e a clarividencia do seu anfitrión. «Galicia» sitúase na liña da vella tradición de Vicente Risco, de Ramón Otero Pedrayo, de Álvaro Cunqueiro ou de Xosé María Castroviejo, pero non esquece a memoria dos antigos viaxeiros ilustrados que nos visitaron (Borrow, Ford) e que deixaron por escrito as experiencias do seu camiñar pola nosa terra.«Foi o mestre Otero Pedrayo quen me abriu de par en par as portas do mundo xeográfico deste país noso. Quen me presentou primeiro a descrición física e humana, a realidade monumental, as notas do proceso histórico. Despois, os variados itinerarios que para coñecer Galicia na súa esencialidade cumpría percorrer. Otero Pedrayo, que era un animador inmenso, desenvolvéndose en múltiples campos da cultura, foi quen espertou en min o afán por coñecer Galicia toda como viaxeiro, como camiñante.» Francisco Fernández del Riego.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102940

Idioma: Gallego

Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/03/2023

Año de edición: 2023

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Viaxes

Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 297.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Francisco Fernández Del Riego


Francisco Fernández Del Riego
Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenza 1913 - Vigo 2010). Ensaísta e narrador, pertence á promoción de intelectuais xurdidos ao abeiro do grupo Nós, que se incorporaron ás tarefas do Seminario de Estudos Galegos. Foi membro do Partido Galeguista. Logo da Guerra Civil participou na reorganización do galeguismo na clandestinidade. Tamén foi director xerente da Editorial Galaxia. É un dos intelectuais e activistas culturais máis destacados da Galicia do século XX. Foi presidente da Real Academia Galega ata 2001, institución na que ingresou en 1960 co discurso Un país e unha cultura. A idea de Galicia noso nosos escritores. Director da Biblioteca Penzol e da revista Grial nos seus primeiros cen números. Autor de numerosos libros, que iniciou con Cos ollos do noso espírito do noso tempo (1949), ao que seguiron, entre outros: Galicia no espello (1954), ensaio; Historia da literatura galega (1981); Pensamento galeguista do século XIX (1983); Pensamento galeguista do século XX (1983); Ánxel casal e o libro galego (1983); As peregrinacións xacobeas (1984); Diccionario de escritores en lingua galega (1990); O río do tempo (1991), o seu volume de memorias; O cego de Pumardedón (1992), a súa novela; Galicia (Xerais 1992, 2023), o seu libro de viaxes; A Xeración Galaxia (1996), ensaio; Antolín Faraldo, o gran soñador (Xerais 1998), ensaio; Un epistolario de Ramón Piñeiro (2000); A pegada das viaxes (2000); Castelao e o seu tempo; unha perspectiva ourensá (2001); Cartas de Luís Seoane desde o exilio (2002). Preparou tamén edición da Poesía de Antonio Noriega Varela (Xerais 1991). No ano 2023 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Descubre más sobre Francisco Fernández Del Riego
Recibe novedades de Francisco Fernández Del Riego directamente en tu email

Opiniones sobre GALICIA (ED. GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana