GALICIA: UNHA LUZ EN EL ATLANTICO

XERAIS - 9788483027189

Historia local de España Galicia

Sinopsis de GALICIA: UNHA LUZ EN EL ATLANTICO

Un libro especialmente ambicioso: unha viaxe pola Galicia de sempre. ¿Quen somos? ¿Onde estamos? ¿Cara onde queremos ir?. A Galicia milenaria, a Galicia dos mitos e da tradición,interpretada dende a exposición sistemática dos seus grandes momentos históricos, pero tamén dende o presente e, sobre todo, coa mirada posta no futuro, que habemos de saber construír entre todos. Galicia. Unha luz no Atlántico é o resultado do proxecto de editar un grande libro que abordase a cuestión da identidade de Galicia e dos galegos entre dous milenios. Dirixida por Víctor F. Freixanes e contando cun equipo escollido entre os mellores profesionais, ofrecemos aos lectores unha nova e ambiciosa tipoloxía editorial: un libro-atlas de cincocentas páxinas no que Galicia se explica a si mesma, dende a súa identidade de pobo antigo con máis de dous mil anos de historia, pero tamén, e sobre todo, no marco da contemporaneidade. Galicia. Unha luz no Atlántico constitúe a primeira obra que, dende a independencia da edición privada, presenta a realidade e os soños de Galicia nun único volume. Un libro que ofrece aos lectores tres niveis de lectura: primeiro, un percorrido visual sobre máis de 2.500 ilustracións (fotografías e gravados, documentos históricos, infogramas documentais); segundo, unha síntese informativa cronolóxica organizada en 120 dobres páxinas temáticas, construída sobre máis de 15.000 referencias de autores, institucións, acontecementos históricos, obras de creación e de pensamento, períodos artísticos, citas, datos estatísticos, personaxes significativos; e, por último, unha lectura en profundidade sobre oito ensaios de información e interpretación crítica que abordan complementariamente os grandes temas que caracterizan a nosa identidade colectiva: a Historia, o Idioma, a Antropoloxía, a Paisaxe, a Emigración, a Economía, a Comunicación, a Globalización.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483027189

Idioma: Castellano

Número de páginas: 504
Tiempo de lectura:
12h 3m

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 14/12/2001

Año de edición: 2001

Plaza de edición: Pontevedra
Alto: 27.0 cm
Ancho: 21.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por VICTOR FREIXANES


Víctor F. Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor e xornalista. En 1976 publicou «Unha ducia de galegos», libro de referencia na crónica da cultura galega contemporánea. Como narrador deuse a coñecer en 1982 con «O triángulo inscrito na circunferencia» (Premio Blanco Amor), novela que se considera xa un clásico da nosa narrativa. Outros títulos seus son «O enxoval da noiva» (1988), «A cidade dos Césares» (Premio Torrente Ballester, 1992) e «Cabalo de ouros» (2010). Entre 1988 e 1992 dirixiu Edicións Xerais de Galicia, posteriormente, as edicións literarias do Grupo Anaya, Alianza Editorial e, máis recentemente, Editorial Galaxia. Para Xerais preparou en 2001 o ambicioso proxecto «Galicia. Unha luz no Atlántico», cunha nova tipoloxía editorial na que se amosa unha ampla e variada visión histórica de Galicia. En marzo de 2017 foi elixido Presidente da Real Academia Galega.
Descubre más sobre VICTOR FREIXANES
Recibe novedades de VICTOR FREIXANES directamente en tu email

Opiniones sobre GALICIA: UNHA LUZ EN EL ATLANTICO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana