📗 Libro en gallego GUIA BIBLIOGRAFICA LINGÜISTICA GALEGA

Varios autores

XERAIS - 9788483020326

Estudios lingüísticos Lingüística del gallego

Sinopsis de GUIA BIBLIOGRAFICA LINGÜISTICA GALEGA

Esta Guía bibliográfica de lingüística galega, por outra parte, constitúe tamén unha auténtica fotografía do estado actual do conxunto de estudios filolóxicos e lingüísticos realizados sobre a lingua galega. Cabe, pois, unha lectura dela a xeito de mapa corográfico destes estudios: ó indica-lo que existe, coa súa extensión e altitude, tamén se poderán comprobar cales son as áreas inexploradas ou que menor atención ocuparon ata hoxe, qué área centraron as angueiras investigadoras e que terras están aínda agardando a á intelixencia que abra novas vereas, anchee congostras, describa camiños ignotos e descubra novas e insospeitadas rotas. Os autores pretenderon darlle a esta súa contribución a feitura dunha guía que, ó tempo que ofrecese información sobre o material bibliográfico producido verbo de cada materia puidese servir de orientación. Este é o motivo polo que en cada unha das seccións ou subseccións se inclúen breves comentarios introductorios cos que se pretenden destaca los traballos que en cada caso parecen máis recomendables para unha primeira aproximación ou para obter unha visión xeral dos diferentes aspectos lingüísticos. A presente guía ten, pois, un carácter á vez orientador e selectivo. O material bibliográfico aparece ordenado tematicamente en diversas seccións: repertorios bibliográficos, obras xerais de consulta, dialectoloxía, historia da lingua, sociolingüística, psicolingüística, estudios contrastivos e traduccion, fonética e fonoloxía, morfoloxía e sintaxe, e léxico. Esta obra constitúe unha contribución decisiva á historiografía da lingüística galega, da que aínda faltan tantas páxinas por escribir. Dirixida ós especialistas e profesores de lingua galega, tamén interesará a todas aquelas persoas que pretenden recabar información sobre a nosa lingua.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483020326

Idioma: Gallego

Número de páginas: 256
Tiempo de lectura:
6h 3m

Encuadernación: Tapa blanda

Año de edición: 1996

Plaza de edición: Vigo
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Opiniones sobre GUIA BIBLIOGRAFICA LINGÜISTICA GALEGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana