📗 Libro en gallego HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO

RAFAEL G. FERREIRA

ALVARELLOS EDITORA TECNICA - 9788418567834

Historia local de España Galicia

Sinopsis de HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO

O histórico barrio de Conxo, ao sur de Santiago de Compostela, foi concello independente durante case un século, entre 1835 e 1925. Da súa estación de ferrocarril partiu a primeira liña de tren de Galicia e nel naceu a fundadora da literatura galega moderna, Rosalía de Castro. Conxo protagonizaría loitas imprescindibles para entender hoxe a mellora das condicións de vida da clase traballadora, dende o Banquete democrático de 1856 ata os movementos obreiros de 1898, pasando pola creación e mantemento da súa Sociedade Benéfica.Ademais, o Conxo histórico das oito parroquias mantén un valiosísimo patrimonio, con tesouros únicos: a memoria milenaria do seu petróglifo e castro, o románico do seu antigo mosteiro, o barroco da actual igrexa parroquial, ou a fortaleza da Rocha, símbolo das loitas dos irmandiños contra os señores feudais.De todo isto, e tamén da vida cotiá no concello, do seu asociacionismo, e do papel das mulleres, trata este valioso volume. Participan dez especialistas con novos traballos de investigación, historiadores e historiadoras que levan a cabo unha reconstrución honesta e documentada dos noventa anos nos que Conxo foi independente. O obxectivo, como afirma o seu coordinador, Rafael García Ferreira, é transmitir os feitos con fidelidade e lectura critica do pasado.

Ficha técnica


Editorial: Alvarellos Editora Tecnica

ISBN: 9788418567834

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/09/2025

Año de edición: 2025

Alto: 23.5 cm
Ancho: 15.5 cm
Peso: 407.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre HISTORIA DO ANTIGO CONCELLO DE CONXO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana