LITERATURA GALEGA DA MULLER

XERAIS - 9788475075600

Historia y crítica de la Literatura Literatura española e hispanoamericana

Sinopsis de LITERATURA GALEGA DA MULLER

Literatura galega da muller contén un conxunto de estudios sobre distintos aspectos da nosa producción feminina, precedido por toda unha homenaxe á actitude intelectual e vital de Virginia Woolf.Aínda que a autora máis estudiada sexa Rosalía de Castro, aparecen tamén traballos sobre outras contribucións femininas á poesía, ao ensaio, a narrativa, ao teatro ou a literatura infantil e xuvenil. Deste xeito, conxúganse fenómenos tan decisivos neste terreo como a problemática social da escritora, a controversia sobre a especificidade da escrita feminina, o sufraxismo e o antisufraxismo, as relacións entre feminismo e nacionalismo, o comportamento literario da muller, etc.A súa análise abórdase desde un pluralismo metodolóxico e interdisciplinar que vén dado pola utilización das máis diversas aportacións universais, particularmente, da xinocrítica e da crítica literaria feminista. Trátase, pois, dun libro pioneiro e necesario, de obrigada lectura para todos os interesados na literatura galega e na problemática da muller.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475075600

Número de páginas: 368

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 1991

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Carmen Blanco


Carmen Blanco (Lugo, 1954) é autora de poesía, narrativa e ensaio. Como poeta publicou as mostras da súa obra poética en marcha Estraña estranxeira (2004), Un mundo de mulleres (2011) e Lobo amor (2011). Como narradora publicou a recreación de contos clásicos Vermella con lobos (Xerais, 2004) e a novela patchwork de microrrelatos Atracción total (Xerais, 2008). Como ensaísta publicou os libros Conversas con Carballo Calero (1989), Literatura galega da muller (Xerais, 1991), Carballo Calero: política e cultura (1991), Escritoras galegas (1992), Libros de mulleres. (Por unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863-1992), (1994), O contradiscurso das mulleres (1995), Nais, damas, prostitutas e feirantas (Xerais, 1995), Mulleres e independencia (1995), Luz Pozo Garza: a ave do norte (2002), Alba de mulleres (Xerais, 2003), Sexo e lugar (Xerais, 2006), María Mariño. Vida e obra (Xerais, 2007), Casas anarquistas de mulleres libertarias (2007), Uxío Novoneyra, (2009), Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela. O poeta nos lugares dos seus libros (2010) e Feministas e libertarias (2010). É autora de moi diversas edicións de ensaio e poesía, como María Mariño (2007) ou, con Claudio Rodríguez Fer, Con pólvora e magnolias (Xerais, 1976) de X. L. Méndez Ferrín, e Os eidos (Xerais, 1990) de Uxío Novoneyra, e , en solitario, Códice Calixtino (Xerais, 1991) de Luz Pozo Garza ou a mostra bilingüe Extranjera en su patria. Cuatro poetas gallegos. Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Luís Pimentel, Luz Pozo Garza (2004). Publicou numerosas introducións e prólogos, e colaborou en moi variados libros colectivos, xornais e revistas. Co seu nome ou co heterónimo Emma Luaces publicou versións de Safo, José Ángel Valente ou José Agustín Goytisolo, e poemas da serie "Lobo azul". Deseñou os libros Tigres de ternura (1981, 1982) de Rodríguez Fer e ilustrou Historia da lúa (1984), Vulva (1990) e A muller núa (1992), así como o Manifesto por un movemento vital (1990) deste mesmo autor. E fixo o logotipo de Unión libre.
Descubre más sobre Carmen Blanco
Recibe novedades de Carmen Blanco directamente en tu email

Opiniones sobre LITERATURA GALEGA DA MULLER


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana