📗 Libro en gallego MACARIO DROMEDARIO (GALLEGO)

RACHEL CHAUNDLER

OQO EDITORA - 9788498710540

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de MACARIO DROMEDARIO (GALLEGO)

O pequeno dromedario, farto dos comportamentos abusivos dos seus irmáns, non é quen de lles facer fronte, e chora sen parar. É por iso tamén que a súa xiba cada vez torna máis insignificante. Pero cando as cousas comecen a se poñer difíciles e xurdan os problemas… Macario demostrará quen é o máis «forte». Os choros son unha reacción propia do desenvolvemento das crianzas, e representan unha resposta fronte a determinadas situacións. Nos primeiros anos da infancia, a complexidade das emocións pode facerlles sentir aos máis pequenos que non atopan as palabras para se expresar, e aparece entón o pranto, case sempre ante situacións de medo, angustia, frustración, confusión, necesidade… Deben aprender a recoñecer os sentimentos, as causas que os provocan, e a actuar. A capacidade de reacción xera confianza e benestar, mais ás veces tamén resulta vital, a colaboración dos demais para manexar determinados problemas; neste caso, a amizade de Macario co ourizo será determinante para resolver os contratempos. O ilustrador portugués Bernardo Carvalho preséntanos unha narración visual que nos transporta ao deserto, cunha posta en escena diáfana para os primeiros lectores. Serigrafías en cores planas, trazo vivo e dinámico para crear uns personaxes divertidos e moi expresivos, cunha técnica limpa e directa.

Ficha técnica


Ilustrador: Bernardo Carvalho

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788498710540

Idioma: Gallego

Número de páginas: 40

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 08/06/2021

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre MACARIO DROMEDARIO (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana