Sinopsis de MECANICA DA MAXIA.A FICCION E IDEOLOXIA EN A.CUNQUEIRO
En 1947, Álvaro Cunqueiro regresa a Mondoñedo, onde permanece ata o ano 1960. Ábrese un período no que vai escribir a práctica totalidade da súa obra en galego posterior á Guerra Civil. Este ensaio pescuda nese novo universo creativo, nas súas causas e na mecánica do seu funcionamento. A relación de Álvaro Cunqueiro coa lingua galega, o período de residencia en Mondoñedo (1947-1960) no que escribiu as súas obras narrativas fundamentais e as claves do mundo imaxinario do autor de Merlín e familia. Velaquí algúns dos asuntos nos que este ensaio pescuda para achegar aos lectores unha visión nova da actividade literaria e un xeito diferente de analizar a realidade (lingüística e semiolóxica) da que xorde.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788498651867
Idioma: Gallego
Número de páginas: 196
Tiempo de lectura:
4h 36m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/04/2009
Año de edición: 2009
Plaza de edición: Es
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 50
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por MANUEL FORCADELA
Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.