📗 Libro en gallego NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCIÓN NOS ÚLTIMOS ANOS DE 'GRIAL'

Varios autores

Editorial Galaxia, S.A. - 9788411764827

Estudios lingüísticos Lingüística del gallego

Sinopsis de NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCIÓN NOS ÚLTIMOS ANOS DE 'GRIAL'

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicacións dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade, grazas á Biblioteca 75 anos.
O novo volume desta colección conmemorativa é No lindeiro do bosque, a tradución nos primeiros anos de GRIAL, introdución e escolma ao coidado Tamara Andrés e Ana Luna Alonso.
A tradución en Grial. Revista de Cultura Galega foi un dos seus esteos, e debe ser entendida como unha práctica que procurou a posta en valor dunha lingua e dunha tradición literaria subordinada fundamentalmente ao castelán. Os obxectivos fundamentais desta escolma son os de amosar a vontade de innovación que sempre tivo a publicación dirixida nesa primeira xeira por Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, así como poñer en valor o seu compromiso coa dinamización de determinados ámbitos da nosa cultura tamén a través da tradución.
É moi salientable o excelente traballo que se fixo na revista na promoción do galego como lingua válida para todos os xéneros a través de obras filosóficas, obras clásicas, contos, pezas de teatro, textos bíblicos, e especialmente textos poéticos. Transitan por esta obra as palabras en galego de Italo Calvino ou de Christina Rossetti, de Ezra Pound ou de Nelly Sachs.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411764827

Idioma: Gallego

Número de páginas: 220

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/07/2025

Año de edición: 2025

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Biblioteca 75 anos

Número: 6
Alto: 22.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 371.0 gr

Especificaciones del producto



Opiniones sobre NO LINDEIRO DO BOSQUE. A TRADUCIÓN NOS ÚLTIMOS ANOS DE 'GRIAL'


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana