Afíxenme a ver aquel cofre antigo abandonado nun lugar inaccesible e empecei a enchelo cos soños do meu bisavó. Imaxinábaos flotando coma mariposas sobre minúsculas nubes. Que podería ocorrer se erguésemos a tapa? Escaparían os soños voando? Así, cando chegou o momento decisivo de abrilo, sorprendeume ver no seu interior un montón de poemas escritos sobre cortizas de bido. Serían realmente os soños do bisavó encantados en forma de versos? Grazas a eles puiden descubrir o recuncho reservado para as miñas ilusións. Le este libro e intenta encontrar o lugar ideal para as túas.
Ficha técnica
Ilustrador: Estefanía Padullés
Editorial: Hercules de Ediciones S.A.
ISBN: 9788494702389
Idioma: Gallego
Número de páginas: 80
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 18/11/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: A Coruña
Número: 13
Peso: 500.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xoan Babarro Gonzalez
Naceu en Calvelo (Zorelle - Maceda/Ourense) o 23 de decembro de 1947. Estudou Maxisterio e é licenciado en Filosofía e Letras. Ingresou no corpo de mestres por oposición en 1968. Traballou arreo pola introdución do galego na escola, e mais pola recuperación e defensa da lingua galega en Asturias, onde desenvolveu o labor docente ata 1971, data na que se trasladou a Galicia. É membro correspondente da Real Academia Galega desde 2002. No 2008, foi nomeado socio de honra da Nova Escola Galega. Está casado coa escritora Ana María Fernández.