Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan reunidas na qalgie, a cabana das cerimonias. Esa noite, o xamán Ainuk vai realizar a súa viaxe. O que Ainuk ve é a rota que seguen os caribús ao subiren á costa na busca de pasteiros, e desa rota depende a vida de toda a aldea.Na aldea de Nunavut chegou o verán. O número de horas de luz e de claridade foi aumentando e os días ledos foron chegando. Todas as familias estan reunidas na qalgie, a cabana das cerimonias. Esa noite, o xamán Ainuk vai realizar a súa viaxe. O que Ainuk ve é a rota que seguen os caribús ao subiren á costa na busca de pasteiros, e desa rota depende a vida de toda a aldea.
Ficha técnica
Ilustrador: Jacobo Fernández Serrano
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497820936
Idioma: Gallego
Número de páginas: 88
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 08/03/2004
Año de edición: 2004
Plaza de edición: Es
Peso: 157.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por XOAN ABELEIRA
Xoán Abeleira, fillo de emigrantes galegos, nace en Maracay, Venezuela, en 1963. Aos dez anos instálase coa súa familia en Madrid, onde cursa diversos estudos e se inicia como poeta, narrador, tradutor, xornalista, músico, guionista e director teatral. En 1999, decidido a comprometerse ética e profesionalmente coa lingua e mais a cultura dos seus, trasládase a Galicia. Desde entón publicou en galego dous poemarios (Animais Animais e As nosas sombras no Xardín de Serralves), un ensaio lírico e fotográfico verbo do artista Manfred Gnädinger (A pegada de Man, Xerais 2006 ), os catro primeiros volumes da serie para nenos As aventuras de Nunavut (Xerais, 2003) , dúas traducións (Porca terra, de John Berger, e O viaxeiro astral, de Jack London) e un cento de artigos e colaboracións nos xornais El País, La Opinión de A Coruña e Galicia Hoxe. Arestora coordina o proxecto multidisciplinar Fuso Negro e participa nas accións do Grupo Surrealista Galego.