📗 Libro en gallego O LUGAR ONDE VOU

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491519096

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O LUGAR ONDE VOU

Ten O lugar onde vou, libro de relatos de Vicente Araguas, a peculiaridade de presentar variantes sobre unha realidade posible e outra máis que improbable. Desta maneira, fala de medo, e de bares onde, ao non pasar nada, pasa de todo, de casas grandes que ven, sen poder facer nada, como as mulleres se descolgan dos cadros, de parellas dispares en idade que falan de raíñas consumidoras compulsivas de arroz con leite. Araguas bota a andar unha pluma que ten cousas de corazón tan desbocado como o dos cómplices dunha editora “indie” desbordados pola chea de libros de poemas que reciben, ou da estatua inca que vinga o seu posuidor dos arrebatos celosos da súa amada; hai gatos que falan e cans que bolen na neve e mancos que escriben con idéntica pericia á do Caldeireiro, urbanista anglófilo na Nebia de 1866. Un festival de maneiras de querer, de ir mirando como a vida acontece, de realismos extracorpóreos e de corpos que liscan alén da realidade, o deste libro de relatos, que fai debutar o autor en Editorial Galaxia.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491519096

Idioma: Gallego

Número de páginas: 168
Tiempo de lectura:
3h 56m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/07/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 457
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 252.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Vicente Araguas


Vicente Araguas (Xuvia-Neda, Coruña, 1950) é un corredor de fondo da literatura galega, poeta, narrador, tradutor e crítico. Escribe a diario unha columna de opinión en Diario de Ferrol, que se complementa con sección dominical en El Correo Gallego que lle ten valido o Premio Reimóndez Portela de xornalismo. Recolleu a súa poesía enteira no volume Maneiras de querer (2006), ao que seguiu Xuvia revisitada (2008). Como narrador publicou as novelas Agora xa foi (2000) e A canción do verán (2001)e o libro de relatos Xuvia-Neda (Xerais 2010). Activista cultural, tradutor, ensaísta e cantautor belixerante, publicou en Xerais Crónica Voces Ceibes (1991), relato da historia do grupo homónimo do que fora cofundador, e do que anuncia a vindeira continuación, con O que non contei en Voces Ceibes. Vicente Araguas é Fillo Predilecto do Concello de Neda.
Descubre más sobre Vicente Araguas
Recibe novedades de Vicente Araguas directamente en tu email

Opiniones sobre O LUGAR ONDE VOU


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana