leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego O NENO MARIÑEIRO

Edicións Xerais - 9788491212560

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de O NENO MARIÑEIRO

Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de "Fins do mundo" e "Profecía do mar", obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. "O neno mariñeiro" é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas. Alí, no barrio mariñeiro do Forte, dominaban os cheiros a pesca, a roupas de auga, a redes, e había un secadoiro de polbo e peixe. O mar estaba a rentes e rosmaba como un dragón desexoso de engulir a xente, con ventos que galgaban e miañaban como grandes feras.Novela de carácter autobiográfico, no ronsel de "Fins do mundo" e "Profecía do mar", obras esenciais na traxectoria literaria de Bernardino Graña, relata aqueles días de infancia, de fame e naufraxios nunha vila mariñeira do Morrazo, nos primeiros anos da guerra. Escrita cos fíos da memoria, retrata sen nostalxia e con humor a sociedade á intemperie da galerna e dos malos ventos de mar aberto, na que, a pesar das penalidades, a rapazada respiraba o aire salitroso con alegría. "O neno mariñeiro" é unha alfaia da literatura galega da memoria escrita por un clásico contemporáneo.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491212560

Idioma: Gallego

Número de páginas: 144
Tiempo de lectura:
3h 21m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/09/2017

Año de edición: 2017

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.3 cm
Peso: 235.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Bernardino Graña


Bernardino Graña Villar (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura até a súa xubilación. En 1958 participou na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que é socio de honra dende 1986. Membro da Real Academia Galega, publicou unha extensa obra no ámbito da poesía, do teatro, da narrativa e da literatura infantil. Como poeta publicou: "Poema do home que quixo vivir" (1958); "Profecía do mar" (1966, Xerais 1995); "Non vexo Vigo nin Cangas" (1975); "Se o noso amor e os peixes" (Xerais 1980), Premio Galicia do concello de Santiago de Compostela; "Sima-Cima do voar tolo" (1984); "Himno verde" (1992); "Ardentía. Obra poética completa" (1995); "As Cantigas de Santa María" (Xerais 1996); "Luz de novembro" (1997); "Acendede as almenaras" (Xerais 2008) e "Ser auga, darse en auga" (2011). No ámbito do teatro: "Vinte mil pesos crime" (1962, Xerais 2005), "Sinfarín contra don Perfeuto" (1975) e "Os burros que comen ouro nunca cabalos serán" (1992), Premio Abrente de Ribadavia (1979). Como narrador publicou o libro de relatos "Fins do mundo" (1974, Xerais 1989) e as novelas "Protoevanxeo do neto de Herodes" (Xerais 2006), II Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa, "Carmela e os ladróns" (2010), "¡Medre o mar!" (2013), "A fuga a Exipto" (2016) e "O neno mariñeiro" (Xerais 2017). Publicou en Xerais as seguintes obras de literatura infantil: "O león e o paxaro rebelde" (1969), "Xan Guindán, capitán" (1991), "Oso mimoso" (1992), "O gaiteiro e o Rato Pérez" (1994), Premio Merlín 1993, "Cristo e San Pedro, peregrinos" (1994), "Rata linda de Compostela" (1994, 2009) e "O Quirico lambón" (1997). En 2005 Xerais publicouse, na colección Crónica "Conversas con Bernardino Graña", de Rafael Fernández e Héitor Mera.
Descubre más sobre Bernardino Graña
Recibe novedades de Bernardino Graña directamente en tu email

Opiniones sobre O NENO MARIÑEIRO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana