📗 Libro en gallego O NENO SEN NOME

BAIA EDICIONS - 9788496893900

Infantil 7 a 9 años Literatura de 7 a 9 años

Sinopsis de O NENO SEN NOME

Os contos da colección Os Dereitos do Neno e da Nena están dirixidos as nenas e nenos de educación infantil e primaria, e comprenden unha diversidade de temas relacionados con eles. Pretendemos poñer a disposición de nais, pais e educadores un conxunto de elementos que lles poidan ser útiles nas súas tarefas educativas. Que entendemos por dereitos? Os dereitos son as normas legais que regulan as relacións entre as persoas. Dentro destas normas, as nenas e nenos gozan dunha serie de dereitos específicos e universais. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, que aprobou esta declaración o 20 de novembro de 1959, solicita a todos os gobernantes e aos pobos que difundan e expliquen os principios enunciados con anterioridade a nais, pais e educadoras, profesionais da sanidade, traballadores e traballadoras sociais, a todas as persoas que se ocupan directamente dos nenos e aos mesmos nenos e nenas. Os obxectivos que nais, pais e educadores queremos conseguir son: * Promover nos nenos e nenas actitudes que faciliten a creación de situacións xustas no seu contorno... o Fomentando unha actitude positiva fronte ás dificultades. o Evitando as liortas. o Amosando o valor do traballo en grupo. o Ensinando a compartir e respectar o material escolar e as instalacións. o Colaborando na limpeza e coidado do medio natural. * Facer que coñezan e respecten as diferentes culturas e etnias coas que convivan non só na propia escola e no seu barrio, senón tamén no ámbito mundial, nun marco de respecto e interese pola diferenza, así como da conciencia da igualdade de deberes e dereitos. * Conciencialas/os das situacións de inxustiza que existen no mundo, especialmente polo que aos nenos e nenas se refire. * Amosarlles que o mundo o hai que construír entre todas e todos, dun xeito máis xusto. Había unha vez un neno que sufriu un accidente de avioneta cando ía co seu avó aventureiro. Caeu nun lugar moi afastado, onde viviu unha nova vida con persoas moi boas e interesantes, mais non lembraba o seu nome e tiña que recuperalo. Artigo 3º "O neno ou a nena debe ter dereito desde o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade".

Ficha técnica


Ilustrador: Carme Solà Ortega

Editorial: Baia Edicions

ISBN: 9788496893900

Idioma: Gallego

Número de páginas: 34

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 09/03/2009

Año de edición: 2008

Alto: 15.0 cm
Ancho: 21.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por CARME SOLA


Descubre más sobre CARME SOLA
Recibe novedades de CARME SOLA directamente en tu email

Opiniones sobre O NENO SEN NOME


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana